En 2008, Google sacou o Chrome e o seu impacto innovador na tecnoloxía de navegación foi inmediato. Era máis rápido para cargar sitios web, ocupaba un espazo mínimo na pantalla e tiña unha interface de usuario indiscutibelmente simple.
Na actualidade, o panorama competitivo dos navegadores mudou e moita xente comeza a preguntarse que que acontece cos seus datos na rede, como o historial de navegación, os contrasinais e outra información confidencial. Dende 2008, cando saíu o Chrome, a situación cambiou considerabelmente. En Firefox, puxémonos mans á obra para redeseñar a nosa interface e ofrecervos aos usuarios un número cada vez maior de melloras na privacidade e no rendemento que se activan de xeito predeterminado, así como moitas ferramentas útiles para o navegador.
E así estamos, as guerras entre navegadores están volvendo a acentuarse e é o momento de avaliar de novo e comparar o Navegador Firefox co Google Chrome.

Seguridade e privacidade
Seguridade e privacidade | ![]() |
|
---|---|---|
Modo de navegación privada | ||
Bloqueo dos testemuños de rastrexo de terceiros por defecto | ||
Bloqueo dos códigos de criptominaría | ||
Bloqueo de rastrexadores de redes sociais |
En Firefox, temos un gran número de usuarios comprometidos que agradecen a nosa firme dedicación coa privacidade en liña. A última versión do Firefox, por exemplo, inclúe unha característica chamada «Protección mellorada contra o rastrexo» que está activada de xeito predeterminado para todos os usuarios do mundo. Esta característica bloquea máis de 2000 rastrexadores, incluídos rastrexadores de redes sociais como Facebook, Twitter e LinkedIn. Tamén ten unha característica integrada chamada Firefox Monitor que te avisa automaticamente se se violou o teu contrasinal ou se se debe actualizar. Ademais destas proteccións, o modo de navegación privada do Firefox elimina automaticamente a información de navegación, como o historial e os testemuños, sen deixar pegadas ao rematar a sesión.
Hai pouco declaramos unha vez máis o noso compromiso coa privacidade e a transparencia a respecto dos datos dos usuarios a través da última Política de privacidade, que di: «En Mozilla cremos que a privacidade é fundamental para gozar dunha Internet saudábel».
O Google Chrome é considerado un navegador seguro que ten características como a navegación privada de Google, que axuda a protexer aos usuarios ao amosar un aviso que non se pode pasar por alto cando intentan entrar en sitios perigosos ou descargar ficheiros perigosos.
De feito, tanto o Chrome como o Firefox ofrecen unha rigorosa seguridade. Os dous inclúen un mecanismo de illamento que separa os procesos do navegador, de xeito que un sitio web prexudicial, por exemplo, non infecta outras partes do computador ou dispositivo.
Aínda que o Chrome demostra ser un navegador seguro, o seu rexistro de privacidade é cuestionábel. En realidade Google recompila unha cantidade preocupantemente grande de datos dos usuarios, como a localización, o historial de buscas e as visitas a sitios web. Google defende a recompilación de datos xustificando que o fai para mellorar os servizos, por exemplo, axudándolle ao usuario a atopar un xersei como o que xa mercou ou unha cafetaría como á que xa foi. Non obstante, hai persoas que non está de acordo con isto e apuntan que Google, en realidade, está reunindo unha cantidade incomparábel de datos para os seus propios fins comerciais. Google afirma que protexe a información dos usuarios fronte aos piratas informáticos, pero iso non vén ao caso. O mesmo Google dirixe a maior rede de publicidade do mundo, en grande parte grazas aos datos que lle quita aos usuarios.
Ao fin e ao cabo, es ti quen decide se queres ou non poñer un límite á hora de compartires cousas como o historial de buscas ou de compras. Non obstante, se es como a maioría de persoas, probabelmente buscases na rede algunha cousa que preferirías manter en segredo.
Utilidade
Utilidade | ![]() |
|
---|---|---|
Bloqueo de reprodución automática | ||
Navegación por lapelas | ||
Xestor de marcadores | ||
Cobre automaticamente os formularios | ||
Opcións de motores de busca | ||
Conversión de texto a voz | ||
Modo lectura | ||
Verificación ortográfica | ||
Extensións web/Complementos | ||
Ferramenta de captura de pantalla no navegador |
En canto ás características, tanto o Firefox como o Chrome ofrecen unha grande biblioteca de extensións e complementos, pero o catálogo do Chrome é moito máis numeroso ca o de calquera outro navegador e intégrase moi ben con outros servizos de Google, como o Gmail e o Google Docs.
Aínda que quizais non sexa tan grande como a biblioteca de complementos do Chrome, o Firefox tamén ten unha cantidade incríbel de extensións moi útiles, xa que se trata dun software de código aberto que conta cun gran número de contribuidores en activo.
O Firefox tamén ten unha función de sincronización que permite ver en todos os dispositivos as lapelas abertas, as recentes, o historial de navegación e os marcadores.
Aínda que o Chrome gaña en complementos e extensións, o Firefox conta cun conxunto ben organizado de características integradas, como a ferramenta de captura de pantalla, que é moi útil, ou o modo de lectura, que non amosa nada máis que o texto do artigo que esteas a ler.
Se acostumas a ter moitas lapelas abertas, entón todo se reduce á túa preferencia de interface de usuario. Unha das características do Firefox é o desprazamento horizontal nas lapelas abertas, en vez de ir facéndoas máis pequenas cada vez que abres unha nova. O Google Chrome prefire reducilas para que só se vexa a icona da páxina. O problema que presenta isto é que cando tes varias lapelas abertas dun mesmo sitio web, ves a mesma icona en todas elas.
En canto á personalización, os nosos admiradores dirán que unha das características que máis lles gusta do navegador é a posibilidade de mover e ordenar a maioría de elementos da interface de usuario da maneira que máis lle conveña. O Chrome permite ocultar algúns elementos, pero non dá moita marxe (se é que dá algunha) para colocar os elementos segundo as túas preferencias. Non obstante, hai que puntualizar que tanto o Chrome coma o Firefox permiten cambiar a aparencia e o tema do navegador de forma bastante sinxela.
Portabilidade
Portabilidade | ![]() |
|
---|---|---|
Dispoñibilidade para sistemas operativos | ||
Dispoñibilidade para sistemas operativos móbiles | ||
Sincronización con móbiles | ||
Xestor de contrasinais | ||
Contrasinal principal |
Case non fai falla dicir que as versións do Firefox e do Chrome están dispoñíbeis para os sistemas operativos máis comúns, tanto de computadores como de móbiles (Windows, macOS, Linux, Android, iOS).
Tanto o Chrome como o Firefox tamén permiten sincronizar contrasinais, marcadores e lapelas abertas en todos os dispositivos, mais o Firefox ofrece a seguridade engadida dun contrasinal principal que mantén todos os inicios de sesión e contrasinais gardados baixo un cadeado a maiores. Se tes unha conta Firefox, podes mandar de forma manual unha lapela aberta no computador a un dispositivo móbil e viceversa. No Chrome, isto faise automaticamente se tes marcada esta configuración nas preferencias. Que unha lapela se envíe de forma automática dun dispositivo a outro pode ser práctico cando, por exemplo, queres seguir lendo un artigo que non puideches acabar antes. Non obstante, pode haber ocasións nas que esta sincronización automática non sexa o ideal, como cando exista a posibilidade de que varios usuarios estean a navegar coa túa conta Google aberta.
Avaliación global
Consideramos que é xusto dicir que o Firefox e o Chrome son moi similares en canto a portabilidade e utilidade, aínda que o Chrome presenta unha lixeira vantaxe no relacionado coa utilidade debido á enorme biblioteca de extensións e complementos que ten. Non obstante, en termos de privacidade, gaña o Firefox grazas ao compromiso de protexermos os datos dos nosos usuarios na rede e de ofrecermos servizos gratuítos e integrados, como xestores de contrasinais que alertan no caso dunha violación de datos que afecte ás túas credenciais.
A efectos prácticos, evidentemente non hai nada que che impida usar os dous navegadores: o Firefox para cando sexa moi importante a privacidade e o Chrome se aínda apostas polo contorno de Google. No entanto, debido ao crecente número de incursións nos datos persoais, a longo prazo o Firefox pode ser a opción adecuada para aqueles que, coma nós, valoramos a protección da privacidade persoal na rede.
Estas comparacións fixéronse coa configuración predeterminada e coas versións de lanzamento dos navegadores, como se indica a continuación:
Firefox (81) |
Chrome (85)
Esta páxina actualízase cada mes e medio para recoller as últimas versións, pero pode que non sempre recolla as últimas actualizacións.