Un gran navegador web debe ter as funcionalidades que precises, portabilidade entre dispositivos e a privacidade que mereces.
Como o navegador é a túa porta de entrada á Internet, a velocidade, a seguridade, a privacidade e a utilidade son fundamentais. Nos últimos anos, o Google Chrome foi o navegador escollido por moitos usuarios. Mais cando semella que os anuncios na Internet nos seguen por todos os lados e as fallas de seguridade son un elemento cada vez máis frecuente nas noticias, moitas persoas comezan a esixirlle máis privacidade e respecto ao seu navegador.
Entón, o teu navegador é o mellor para o que fas na Internet? O navegador máis axeitado pode facer unha gran diferenza no modo no cal experimentas a Internet. Polo tanto, sen máis reviravoltas, comparemos o Google, o Chrome, o Firefox, o Safari, o Opera, o Brave, o MicrosoftInternet Explorer e o Edge e vexamos cal é o que mellor se adapta ás túas necesidades.
Seguridade e privacidade
Cal destes navegadores é o mellor para mantermos as cousas confidenciais?
Seguridade e privacidade | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
---|---|---|---|---|---|---|---|
Modo de navegación privada | |||||||
Bloqueo dos testemuños de rastrexo de terceiros por defecto | |||||||
Bloqueo dos códigos de criptominaría | |||||||
Bloqueo de rastrexadores de redes sociais |
Non é esaxerado esperar un alto nivel de protección de datos e privacidade dos produtos que utilizamos habitualmente para nos conectar á Internet. Como mínimo, un navegador debería ofrecer algún «modo de navegación privada» que elimine automaticamente o noso historial e as nosas buscas para que outros usuarios do mesmo computador non poidan acceder a el. Nesta área, os sete navegadores comparados gañan puntos.
Cada moucho no seu souto. Que ninguén espreite as túas buscas.
Outra funcionalidade do navegador que debe ser fornecida é a capacidade de impedir que sitios e empresas rastrexen os teus datos de navegacións e de compras, mesmo no modo de navegación normal.
Utilizar un navegador que bloquee rastrexadores de terceiros non é importante soamente por cuestións de privacidade, senón que tamén porque isto, polo xeral, significa que o navegador vai ir máis rápido. A maioría dos rastrexadores son simplemente códigos que son executados en segundo plano en diversos sitios web. Non os podes ver, mais podes sentir que ralentan o teu navegador. A partir da versión 67 do Firefox, a detección de impresións dixitais e criptomineiros tamén son bloqueados. Se non estiveres familiarizado cos criptomineiros, mira un exemplo de como estes poden afectarche: talvez percibiras algunha vez que o teu computador quece subitamente ou que a batería se esgota máis rápido do habitual. Polo xeral, isto é o subproduto dos criptomineiros que aparecen insidiosamente no teu dispositivo.
Utilidade
Que fixo ultimamente o teu navegador por ti?
Utilidade | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
---|---|---|---|---|---|---|---|
Bloqueo de reprodución automática | |||||||
Navegación por lapelas | |||||||
Xestor de marcadores | |||||||
Cobre automaticamente os formularios | |||||||
Opcións de motores de busca | |||||||
Conversión de texto a voz | |||||||
Modo lectura | |||||||
Verificación ortográfica | |||||||
Extensións web/Complementos | |||||||
Ferramenta de captura de pantalla no navegador |
Alén da protección de privacidade que, en gran parte, ten lugar en segundo plano no navegador, outro elemento fundamental para un navegador ben feito é a interface do usuario e as funcionalidades. Case todos os sete navegadores son iguais cando se trata de navegación por lapelas, xestión de marcadores, preenchemento automático, revisión e extensións. O Firefox, o Edge e o Opera tamén ofrecen unha función rápida de captura de pantalla bastante útil, algo do que se ten saudade ao mudar para un navegador sen esta funcionalidade.
Portabilidade
Como de ben funciona o teu navegador entre os teus dispositivos?
Portabilidade | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
---|---|---|---|---|---|---|---|
Dispoñibilidade para sistemas operativos | |||||||
Dispoñibilidade para sistemas operativos móbiles | |||||||
Sincronización con móbiles | |||||||
Xestor de contrasinais | |||||||
Contrasinal principal |
O primeiro que hai que salientar sobre a portabilidade é que non todos os navegadores funcionan en todos os sistemas operativos. Mentres o Firefox, o Chrome, o Edge, o Brave e o Opera se executan en todos os sistemas principais e son fáciles de instalar, o Internet Explorer e o Safari só funcionan nos propios sistemas de Microsoft e de Apple segundo corresponda. A versión móbil do Safari está preinstalada nos dispositivos móbiles de Apple e a maioría dos dispositivos Android veñen cun navegador preinstalado modificado polo fabricante para o dispositivo. O Firefox, o Chrome, o Brave, o Edge e o Opera poden instalarse facilmente e incluso utilizarse en paralelo.
Case todos os navegadores comparados aquí permiten a sincronización entre computadores e dispositivos móbiles. Precisarás unha conta para o facer, que poderá usarse para iniciares sesión no navegador en todos os dispositivos e sincronizares cousas como contrasinais, historial de navegación, marcadores e configuracións.
Conclusión:
E o gañador é…
Con base nos criterios descritos (privacidade, utilidade e portabilidade), apenas o Firefox cumpre con todos os requisitos. A verdadeira área de diferenciación non está nas funcionalidades, senón na privacidade. O Firefox é o navegador máis privado que non te encerra nun ecosistema. Utilízao en calquera sistema operativo, en todos os teus dispositivos e síntete seguro cando o fixeres.
Os navegadores percorreron un longo camiño desde que se introduciu o Chrome e asumiu gran parte do mercado. A maioría dos navegadores modernos reduciron a problemática da portabilidade e da funcionalidade e, nalgunhas áreas, como na velocidade e na privacidade, superaron o Chrome. Aínda así, determinar cal é o navegador adecuado para ti dependerá sempre das túas necesidades individuais e do que máis valores ao navegares pola Internet.
Estas comparacións fixéronse coa configuración predeterminada e coas versións de lanzamento dos navegadores, como se indica a continuación:
Firefox (81) |
Chrome (85) |
Edge (85) |
Safari (14) |
Opera (67) |
Internet Explorer (11) |
Brave (1.14.81)
Esta páxina actualízase cada mes e medio para recoller as últimas versións, pero pode que non sempre recolla as últimas actualizacións.
O Firefox está apoiado por Mozilla, unha entidade sen fins lucrativos.
O Firefox prioriza a túa privacidade en todo o que facemos. Cremos que tes o dereito a decidir como e con quen compartes a túa información persoal. O Firefox recolle o mínimo de datos posíbel e nunca os vende. Os poucos datos que recollemos só se usan para mellorar os produtos e as características. Sen segredos, mais con moita transparencia e privacidade efectiva.
Descargar o Firefox — Galego
Pode que o teu sistema non cumpra cos requisitos para instalares o Firefox, mais podes probar unha destas versións:
Descargar o Firefox — Galego
- Descargar o Firefox
- Descargar o Firefox
- Descargar o Firefox
- Descargar o Firefox
- Descargar o Firefox
- Descargar o Firefox
- Descargar o Firefox
- Descargar o Firefox
- Descargar o Firefox
- Descargar o Firefox