Comparativa entre Navegador Firefox e Brave

Do mesmo xeito que Firefox, o navegador Brave é gratuíto, de código aberto e centrado na protección da privacidade dos usuarios. Brave é un recén chegado ao mundo dos navegadores: o seu fabricante, Brave Software, fixo o debut por primeira vez co navegador en xaneiro de 2016. Neste artigo comparamos o noso Firefox co navegador Brave en tres categorías: privacidade, utilidade e portabilidade.

Seguridade e privacidade

Seguridade e privacidade Firefox Brave
Modo de navegación privada Si Si
Bloqueo dos testemuños de rastrexo de terceiros por defecto Si Si
Bloqueo dos códigos de criptominaría Si Si
Bloqueo de rastrexadores de redes sociais Si Si

O navegador Brave, como tantos outros, está construído no código Chromium de código aberto por Google. De código aberto significa que calquera pode usar o código fonte e aproveitalo para construír todo o que queira, como os navegadores . Pero isto non significa que todos os navegadores Opera e Edge. Mais iso non significa que todos os navegadores baseados en Chromium sexan iguais ou sexan de código aberto.

Brave distínguese dos outros navegadores Chromium ao centrarse na privacidade do usuario, especialmente bloqueando rastreadores, scripts e anuncios por omisión. Así que cando empregues o navegador Brave, as áreas dun sitio web que normalmente amosarían anuncios aparecen como espazos en branco. Nalgúns casos, as páxinas non se cargan correctamente, o que requirirá que elixas un navegador diferente ou pases á configuración «Activar escudos de protección» ou «Desactivar escudos de protección» que desactiva a protección de privacidade e seguridade.

A totalidade da Internet está pagada por anuncios de pantalla, que manteñen de balde o contido real que queira ver. Brave intentou darlle promoción a este modelo animando os seus usuarios a optaren ao propio sistema de recompensa de Brave, que en realidade é a súa propia plataforma de anuncios. Unha vez que o usuario se rexistrou, Brave mostrará o que chaman «anuncios que respectan a privacidade», para os que pode ver e gañar o que chaman unha mostra básica de atención («Basic Attention Token»), ou BAT. A partir deste punto, os usuarios de Brave poden optar por gastar os seus BAT apoiando os sitios ou contribuíntes individuais que queiran, que á súa vez poden converter os BAT en moeda real.

Que isto pareza complicado ou boa idea, probabelmente dependa do teu nivel de desprezo pola publicidade en internet. A maioría dos internautas entenden que un bo contido custa cartos e está ben o feito de que os cartos proveñan da publicidade.

No outro lado da moeda, co navegador Firefox, preferimos manter as cousas sinxelas. Firefox impide que moitos seguidores, criptomineiros e rastrexadores de pegadas dixitais de terceiros sigan a túa presenza de xeito predeterminado. Non obstante, Firefox, fóra do modo de navegación privada, opta por non impedir que aparezan anuncios de visualización. É dicir, a menos que instale unha das extensións deseñadas especificamente con ese propósito.

Hai algunhas funcións de seguridade en Brave que paga a pena resaltar, como as túas actualizacións automáticas de conexión HTTPS (que Firefox tamén ofrece mediante extensión ). Brave e Firefox ofrecen aos usuarios un xestor de contrasinais nativo e a posibilidade de comprobar as súas estatísticas de seguridade en calquera momento. Brave mostra estatísticas como o número de rastrexadores que bloqueou no momento de abrir unha nova lapela. Firefox mostra información similar cando ve o teu informe de privacidade, ao que se pode acceder en calquera momento premendo no escudo da barra de enderezos.

A conclusión é que, a pesar de que o modelo de ingresos de Brave coas mostras básicas de atención pode ser demasiado complexo para moitos usuarios, en xeral tanto Brave como Firefox ofrecen varias formas de gozar dunha experiencia de navegación privada e segura.

Descargar o Navegador Firefox

Utilidade

Utilidade Firefox Brave
Bloqueo de reprodución automática Si Si
Navegación por lapelas Si Si
Xestor de marcadores Si Si
Cobre automaticamente os formularios Si Si
Opcións de motores de busca Si Si
Conversión de texto a voz Si Non
Modo lectura Si Si
Verificación ortográfica Si Si
Extensións web/Complementos Si Si
Ferramenta de captura de pantalla no navegador Si Non

O que pode sorprender a algúns novos usuarios de Brave é o rápido que adoitan cargar páxinas no navegador. A razón de que se carguen tan rápido é polo bloqueo de toda a publicidade nelas. Simplemente, hai menos que cargar, polo que leva menos tempo.

En termos de memoria RAM, o navegador Brave é moito máis pesado que Firefox. Brave vén pre-cargado con varias funcións e «complementos» que se poden atribuír ao uso de máis memoria RAM. Firefox, por outra banda, permítelle decidir que complementos e extensións quere empregar.

A personalización de elementos e temas de interface de usuario foi unha característica favorita dos usuarios de Firefox durante anos e a nosa ávida comunidade de programadores creou unha extensa biblioteca de complementos e extensións de código aberto que permiten aínda máis personalización e funcionalidade. Entre as características que inclúe o Firefox ao descargalo destaca a nosa potente ferramenta de captura de pantalla, as funcións de accesibilidade e a integración con Pocket : un recurso que permite aos usuarios gardaren rapidamente un artigo para a súa posterior lectura en calquera dispositivo.

O Brave tamén admite a enorme biblioteca de extensións dispoñíbeis na tenda web do Google Chrome e ofrece unha variedade de funcións do navegador como o mencionado Programa de recompensas de Brave e asistencia para descargar torrents no navegador.

Descargar o Navegador Firefox

Portabilidade

Portabilidade Firefox Brave
Dispoñibilidade para sistemas operativos Si Si
Dispoñibilidade para sistemas operativos móbiles Si Si
Sincronización con móbiles Si Si
Xestor de contrasinais Si Si
Contrasinal principal Si Non

A posibilidade de sincronizar os teus contrasinais, extensións, datos de formulario, complementos e outras preferencias en todos os teus dispositivos e sistemas operativos é unha característica que está dispoñíbel desde hai anos con Firefox. Os datos sincronizados tamén están cifrados, o que significa que ninguén pode acceder a eles desde o exterior.

O navegador Firefox tamén ofrece aos usuarios a posibilidade de se rexistraren nunha Conta Firefox . Ter unha conta Firefox é a chave para desbloquear a sincronización entre dispositivos, ademais de obter o beneficio adicional de produtos como o Firefox Monitor, que controla os teus enderezos de correo electrónico e te avisa se algunha das túas informacións foi comprometida nalgunha falla de seguridade.

O Brave tamén gañou recentemente a posibilidade de sincronizar datos cos sistemas operativos e dispositivos máis populares, así como coa capacidade adicional de sincronizar as súas mostras básicas de atención.

Descargar o Navegador Firefox

Avaliación global

Ao comparar os dous navegadores, tanto Firefox como Brave ofrecen de xeito predeterminado un sofisticado nivel de privacidade e seguridade, dispoñíbel automaticamente desde a primeira vez que os abra.

A idea de substitución de publicidade de Brave supón un xiro no modelo actual de colocación de anuncios pagados e busca de pago. Pero, de novo, algúns usuarios de Internet ocupados probabelmente non queiran involucrarse demasiado na xestión de micropagos a sitios a cambio do teu tempo e atención.

En xeral, Brave é un navegador rápido e seguro que terá un atractivo especial para os usuarios de criptomoeda. Pero para a gran maioría dos cidadáns de internet, Firefox segue sendo unha solución mellor e máis sinxela.

Estas comparacións fixéronse coa configuración predeterminada e coas versións de lanzamento dos navegadores, como se indica a continuación:
Firefox (81) | Brave (1.14.81)
Esta páxina actualízase cada mes e medio para recoller as últimas versións, pero pode que non sempre recolla as últimas actualizacións.