Descargar o Firefox

Firefox is no longer supported on Windows 8.1 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Firefox is no longer supported on macOS 10.14 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Política de privacidade do Firefox

Comparación do Navegador Firefox co Apple Safari

Descargar o Firefox

Firefox is no longer supported on Windows 8.1 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Firefox is no longer supported on macOS 10.14 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Política de privacidade do Firefox

Se usas un Mac ou tes un iPhone, probabelmente esteas familiarizado co navegador web Safari. O feito de estar preinstalado como navegador predeterminado para os usuarios dos produtos Apple dálle, claramente, unha vantaxe inicial. No entanto, o Firefox ten o seu propio conxunto de funcionalidades útiles que o converten nunha alternativa atractiva e agora pode ser configurado como navegador predeterminado nos Mac e nos iPhone. Velaquí poderás observar as principais diferenzas entre o noso navegador e o Safari en función da privacidade, da utilidade e da portabilidade.

Seguridade e privacidade

Seguridade e privacidade Firefox Safari
Modo de navegación privada Si Si
Bloqueo dos testemuños de rastrexo de terceiros por defecto Si Si
Bloqueo dos códigos de criptominaría Si Non
Bloqueo de rastrexadores de redes sociais Si Si

A privacidade tornouse un tópico sensíbel para as empresas de tecnoloxía, a medida que se decatan de que cada vez máis persoas están a se sentir vulnerábeis ante as fallas de seguridade dos datos, rastrexadores de anuncios e piratas informáticos. Mais cando se trata das ferramentas que se utilizan para navegar na Internet real, estamos a falar dunha lilaina ou se están a adoptar medidas para manter os datos seguros?

Como se mencionou anteriormente, Apple é unha daquelas empresas que decidiron intensificar recentemente a protección da privacidade . Hai pouco tempo, Apple implementou a prevención do rastrexo entre sitios no Safari, o que impide que os anuncios te sigan na Internet. O Safari tamén ofrece unha suxestión de contrasinal forte ao creares unha nova conta en calquera sitio. E se investiches no espazo dixital iCloud, este sincroniza o devandito contrasinal con outros dispositivos para que nunca precises lembralo.

Como no Safari, nós no Firefox tamén quixemos centrarnos na privacidade e na seguridade. No entanto, a diferenza do Safari, xa levamos nisto da privacidade moito tempo. De feito, Mozilla (a nosa empresa nai) foi unha das primeiras voces da comunidade tecnolóxica en alertar sobre os problemas de privacidade na Internet.

O noso modo de navegación privada bloquea os rastrexadores e elimina os teus contrasinais, testemuños e historial cando o pechas. Mais tamén podes experimentar as nosas funcionalidades avanzadas de privacidade, mesmo no modo de navegación normal. Coa edición máis recente do Firefox, a protección mellorada contra o rastrexo está activada de forma predeterminada. Isto impide que certos mecanismos como os rastrexadores te sigan mentres navegas pola Internet. Ademais, co Facebook a ser reportado case diariamente por problemas de privacidade, a nosa extensión do Facebook Container é lóxica. Dificulta que o Facebook te rastrexe na Internet (semellante ao que o Safari fai para impedir o rastrexo entre sitios) mais o Firefox, en realidade, illa a túa sesión do Facebook nun bloque separado impedindo que o Facebook rastrexe o que fas noutros sitios. Por que precisan saber o que procuras na CRTVG?

No relativo á seguridade, o Firefox tamén é bastante sólido. Sempre que estiveres no Firefox, podes premer co botón dereito do rato no espazo do contrasinal para xerar un contrasinal forte con seguridade utilizando a opción Preencher contrasinal. Cando gardares o teu novo contrasinal, solicitaremos que o gardes no xestor de contrasinais interno, o Lockwise. Tamén lles axudamos a usuarios e titulares de contas con outro produto gratuíto e útil, denominado Monitor, que alerta automaticamente se os teus datos están incluídos nunha falla de seguridade de datos coñecida.

Se decides usar o Safari, estarás en boas mans mentres usares un dispositivo Apple. Mais o Safari só funciona en Apple, mentres o Firefox funciona en Windows, macOS, iOS, Android e Linux. Así que non importa que sistema operativo escollas, o Firefox sempre te cubrirá coas nosas proteccións de seguridade e de privacidade.

Descargar o Navegador Firefox

Utilidade

Utilidade Firefox Safari
Bloqueo de reprodución automática Si Non
Navegación por lapelas Si Si
Xestor de marcadores Si Si
Cobre automaticamente os formularios Si Si
Opcións de motores de busca Si Si
Conversión de texto a voz Si Si
Modo lectura Si Si
Verificación ortográfica Si Si
Extensións web/Complementos Si Si
Ferramenta de captura de pantalla no navegador Si Non

Apple é amplamente coñecido polo seu ecosistema pechado xa que crea soporte lóxico para os seus produtos. Con todo, dentro da App Store hai unha sección na cal os programadores poden desenvolver extensións e complementos para facer o navegador máis forte. Estas extensións tamén se poden buscar mediante a App Store, así como seren engadidas facilmente ao Safari.

Ademais das funcionalidades habituais que esperarías nun navegador, como a navegación por lapelas e a navegación privada, o Safari ten tamén funcionalidades inesperadas. Por exemplo, se un usuario premese co botón dereito unha palabra en calquera sitio dunha páxina desde o Safari e logo preme en «Buscar» obterá unha definición de dicionario e entradas do tesauro, a App Store, filmes e máis. Os controis parentais do Safari pódense personalizar facilmente, o que permite aos adultos estaren tranquilos cando as crianzas curiosean pola Internet.

Como o Safari, o Firefox incentiva a súa comunidade entusiasta de programadores a crear complementos e extensións para o navegador. E como a nosa plataforma é de código aberto hai unha ampla selección que engade unha gran variedade de funcionalidades.

Ademais, cando te rexistras nunha conta de Firefox, obtés acceso a servizos únicos como o Pocket que se integra directamente no navegador. O botón Pocket no Firefox permíteche gardar páxinas web e vídeos no Pocket con premer unha soa vez. Desta forma podes ler unha versión limpa e libre de distraccións cando e onde quixeres, mesmo sen estares conectado á Internet.

O Firefox tamén é sobranceiro para o vídeo e o audio. Co bloqueo da reprodución automática integrado directamente no navegador e activado automaticamente, ningún sitio web fará barullo sen pedir antes permiso.

As capturas de pantalla son outra funcionalidade popular incorporada directamente no Firefox. Estas permiten capturar facilmente unha imaxe da túa pantalla. Ao facela, podes decidir se copiar o ficheiro ou escoller en que cartafol vas querer que se encontre, evitando ateigar o teu escritorio.

Ambos navegadores teñen moitas funcionalidades en común, mais tamén algunhas únicas. Paga a pena salientar que se tomas moitas capturas de pantallas preguntaraste como podías ter vivido sen esta funcionalidade tan práctica integrada no Firefox. Porén, se estás a buscar por un navegador rápido, privado para navegar e comprar podes experimentar o Firefox, especialmente se levas usando o Safari de forma exclusiva debido a que xa che viña definido como o navegador predeterminado. Co tempo, decataraste de cal é o navegador que se axusta mellor ás túas necesidades.

Descargar o Navegador Firefox

Portabilidade

Portabilidade Firefox Safari
Dispoñibilidade para sistemas operativos Si Non
Dispoñibilidade para sistemas operativos móbiles Si Non
Sincronización con móbiles Si Si
Xestor de contrasinais Si Si
Contrasinal principal Si Non

Tanto o Firefox como o Safari proporcionan unha experiencia sen inconvenientes cando pasas de usar a versión de escritorio á do móbil e viceversa. Unha das principais fortalezas do Safari é a súa continuidade de funcionalidades. Sincroniza os teus marcadores, lapelas, historial… no iCloud polo que están dispoñíbeis en todos os teus dispositivos. Isto significa que podes abrir unha lapela no teu iPhone e que apareza tamén no teu macOS con premeres unha soa vez.

O Firefox ofrece tamén funcionalidades de sincronización semellantes ao te rexistrares nunha Conta Firefox gratuíta que permite aos usuarios sincronizar facilmente os seus marcadores, historial, preferencias, contrasinais, preenchementos, complementos e as últimas 25 lapelas abertas en calquera dispositivo. O que diferencia o Firefox do Safari é a súa dispoñibilidade en calquera plataforma, xa for en versión de escritorio ou móbil, iOS, Android, Windows ou macOS impulsando a súa portabilidade en calquera dispositivo que posúas.

O navegador da aplicación Firefox para iOS e Android é un dos máis rápidos dispoñíbeis. Alén disto, posúe seguridade sólida e recursos contra o rastrexo, unha gran axuda se estás a alternar constantemente entre un portátil e dispositivos móbiles.

Como o Safari é o navegador web da Apple, a sincronización do iCloud funciona exclusivamente cos produtos da Apple. Isto é un pouco restritivo se fores, por exemplo, tanto un usuario de Android como de iPhone ou se tiveses un computador Windows mais usases un iPhone como o teu móbil persoal.

Descargar o Navegador Firefox

Avaliación global

O Safari fai un gran traballo ao simplificar, axilizar e perfeccionar a experiencia de navegación para os usuarios Apple con varios dos seus produtos. Ao igual que o Safari, o Firefox é un navegador rápido e útil, mais a súa privacidade e a posibilidade multiplataforma que ofrece son características senlleiras. O Firefox actualízase cada mes con novos recursos e funcionalidades. Por exemplo, unha actualización recente configurou a Protección mellorada contra o rastrexo como predeterminada para novos usuarios, o que efectivamente bloqueou testemuños e rastrexadores entre sitios.

Ao final, todo se resume a que é o que valoras máis nun navegador. Se estás integrado no ecosistema Apple, o Safari continúa a ser unha grande escolla. Mais se valoras ter as últimas e mellores proteccións de privacidade, así como seres capaz de traballar empregando diversos sistemas operativos, cremos que o Firefox é a mellor opción. O Firefox tamén é unha opción sólida como navegador secundario para aqueles usuarios que usan Firefox de forma exclusiva mais que poden querer mudar para outro navegador cando necesiten capas de protección de privacidade engadidas.

Estas comparacións fixéronse coa configuración predeterminada e coas versións de lanzamento dos navegadores, como se indica a continuación:
Firefox (81) | Safari (14)
Esta páxina actualízase cada mes e medio para recoller as últimas versións, pero pode que non sempre recolla as últimas actualizacións.