Comparación do Navegador Firefox co Microsoft Edge

No Windows 10, Microsoft introduciu o seu navegador Edge para competir co Firefox e co Chrome, preinstalándoo como o navegador por defecto en millóns de computadores vendidos. No entanto, os usuarios tardaron en empregalo e Microsoft acabou por anunciar a intención de relanzar o Edge como un navegador baseado no Chromium (Chromium é o proxecto de navegador de código aberto de Google). Desde xaneiro de 2020, o Edge de Microsoft baseado no Chromium substituíu as versións anteriores do Edge. Aínda que o Edge se faga agora sobre o Chromium de Google, hai varios características exclusivas que o diferencian do Chrome de Google.

Aquí compararemos o noso Navegador Firefox co Microsoft Edge baseado no Chromium en termos de privacidade, utilidade e a portabilidade para che axudar a coñecer mellor o navegador que se máis axusta ás túas necesidades e preferencias.

Seguridade e privacidade

Seguridade e privacidade Firefox Edge
Modo de navegación privada Si Si
Bloqueo dos testemuños de rastrexo de terceiros por defecto Si Si
Bloqueo dos códigos de criptominaría Si Si
Bloqueo de rastrexadores de redes sociais Si Si

O Edge está integrado na plataforma Windows 10 e funciona nun ambiente de illamento de procesos, o que significa que illa programas e evita que programas maliciosos espíen o teu computador. Posúe un SmartScreen incorporado que verifica a reputación dos sitios web visitados e bloquea aqueles que sexan sospeitosos. Para mellorar a privacidade, o Edge permite usar biometría ou un PIN co Windows Hello en vez de contrasinais para autenticarse na Internet.

No Firefox, temos o orgullo de protexer a seguridade e a privacidade dos nosos usuarios. A nosa política de privacidade é transparente e está nunha linguaxe simple. O certo é que fixemos un esforzo significativo para garantir que esta fose simple e fácil de ler. Coa protección mellorada contra o rastrexo activada agora por defecto, bloqueamos automaticamente máis de 2000 rastrexadores. Os rastrexadores son pequenas partes de código que tentan reunir información sobre o que fas en múltiples sitios da Internet e crear así unha imaxe completa e detallada de quen es. Só comprometemos a túa privacidade para che mostrar os anuncios máis eficaces.

As túas proteccións de privacidade mostran os rastrexadores e os testemuños que as páxinas tentaron deixar e cantos bloqueou o Firefox.

No Firefox, o modo de navegación privada borra automaticamente as informacións de navegación, como contrasinais, testemuños e historial, sen deixar rastro, após o peche da sesión. O Edge, pola contra, rexistra o historial de navegación no modo privado (denominado de «InPrivate»), de forma que é relativamente sinxelo que alguén reconstrúa o teu historial de navegación por completo, independentemente de teres navegado no modo normal ou no InPrivate.

Ambos navegadores son relativamente iguais en termos de cifrado de datos. Non obstante, se a privacidade e transparencia en liña son importantes para ti, entón o Firefox é claramente a mellor opción.

Descargar o Navegador Firefox

Utilidade

Utilidade Firefox Edge
Bloqueo de reprodución automática Si Si
Navegación por lapelas Si Si
Xestor de marcadores Si Si
Cobre automaticamente os formularios Si Si
Opcións de motores de busca Si Si
Conversión de texto a voz Si Si
Modo lectura Si Si
Verificación ortográfica Si Si
Extensións web/Complementos Si Si
Ferramenta de captura de pantalla no navegador Si Si

O Firefox é un navegador rápido de código aberto, o que significa que os usuarios poden personalizar a súa experiencia de navegación de todas as formas posíbeis. O Firefox tamén lle permite ao usuario ocasional utilizar varias maneiras diferentes de personalizar a interface do usuario coa aplicación de diferentes configuracións de temas e da barra de ferramentas. Como o noso navegador sempre foi de código aberto, temos moitos programadores dedicados que crearon unha ampla biblioteca de complementos e de extensións para o navegador.

Como o Edge mudou para a plataforma Chromium cunha utilización intensiva do procesador, podes esperar que este sexa un pouco mais lento, especialmente se tiver varios programas en execución de forma simultánea. No entanto, coa plataforma Chromium, existe unha ampla biblioteca de extensións e un nivel decente de personalización da interface do usuario que o Edge non posuía antes de se estabelecer no Chromium.

O Edge ten algúns recursos interesantes na interface de usuario, como as previsualizacións das lapelas, que facilitan encontrar as lapelas pertinentes se tiveres moitas abertas. Outra das funcións útiles relacionadas coas lapelas permíteche deixar de lado todas as lapelas abertas que non estás a usar mais que non queres pechar.

O Firefox posúe unha interface de desprazamento de lapelas que mantén a información das lapelas visíbeis e as despraza horizontalmente, en vez de as reducir ao tamaño dunha icona. Ademais, sempre que abres unha nova lapela, a nosa funcionalidade Pocket suxire artigos e contidos relevantes para ti. Alén disto, co Pocket e unha soa prema, tamén podes gardar artigos, vídeos e outros contidos para ver máis tarde.

O Firefox e o Edge ofrecen uns modos de lectura excelentes. Co Firefox, abonda tocar a icona pequena na barra de busca e o navegador retira todos os elementos innecesarios e presenta un artigo limpo. No Edge abonda tocar a icona do libro pequeno e o navegador ofrecerá unha interface de usuario limpa e fácil de ler.

O Firefox tamén inclúe, por defecto, moitos recursos útiles, como protección mellorada contra o rastrexo, unha ferramenta integrada de captura de pantalla, o envío de ficheiros grandes e moito máis.

Por si só, o Firefox ten máis funcionalidades e integracións incorporadas no navegador que están inmediatamente dispoñíbeis após a descarga. Aínda que ambos os navegadores teñen un gran número de complementos e extensións dispoñíbeis, a compatibilidade do Edge coa plataforma Chromium de Google ofrece unha vantaxe en termos de números absolutos.

Descargar o Navegador Firefox

Portabilidade

Portabilidade Firefox Edge
Dispoñibilidade para sistemas operativos Si Si
Dispoñibilidade para sistemas operativos móbiles Si Si
Sincronización con móbiles Si Si
Xestor de contrasinais Si Si
Contrasinal principal Si Si

Co Internet Explorer, Microsoft aprendeu da súa ausencia de dispoñibilidade entre plataformas e fixo dispoñíbel o Edge para iOS, Android, Windows, macOS e, en breve, Linux.

O Firefox leva estando dispoñíbel en iOS, Android, Windows, macOS e Linux desde hai varios anos. E como sería de esperar en calquera navegador moderno, o Firefox permite que inicies sesión cunha conta gratuíta e sincronices datos como contrasinais, historial de navegación, marcadores e lapelas abertas entre o computador, a tableta e o teléfono. Tamén permite a sincronización entre varias plataformas.

O Edge tamén che permite asociar a túa conta Microsoft e iniciar sesión para sincronizares marcadores, historial, contrasinais e moito máis entre o teu computador e os teus dispositivos iOS ou Android.

Descargar o Navegador Firefox

Avaliación global

A pesar de consumir moito poder de computación, o Edge baseado no Chromium deu resposta a moitas das necesidades de funcionalidades dos usuarios, mais aínda hai que ter moito en consideración no relativo ás proteccións da privacidade do navegador. A nosa avaliación di que o Firefox é, polo momento, a mellor escolla para a maioría de persoas para empregar no seu día a día, non só tendo en conta a funcionalidade, senón tamén, e con maior importancia, a nosa transparencia ao recollermos os datos do usuario, o que recollemos exactamente e o que facemos con eles. Ao ser a nosa empresa nai Mozilla, unha organización sen fins lucrativos dedicada á privacidade e á liberdade, temos un conxunto de prioridades diferentes respecto aos datos dos usuarios.

En resumo, aínda que a nosa suxestión sexa empregar o Firefox, o mellor navegador para ti será aquel que mellor se adapte ás túas necesidades individuais mediante o apoio de extensións, as ferramentas de busca, a personalización, a velocidade, a privacidade e a seguridade.

Estas comparacións fixéronse coa configuración predeterminada e coas versións de lanzamento dos navegadores, como se indica a continuación:
Firefox (81) | Edge (85)
Esta páxina actualízase cada mes e medio para recoller as últimas versións, pero pode que non sempre recolla as últimas actualizacións.