Manteña a súa privacidade, poña límites a Facebook.

Obter a extensión Facebook Container

Descargue Firefox e obteña a extensión Facebook Container

A extensión Facebook Container Extension non está dispoñíbel para os dispositivos móbiles.

Probe Firefox Focus, o navegador para a privacidade para Android e iOS.

Vostede estabelece as regras

Facebook pode seguir case toda a súa actividade web e ligala a súa identidade en Facebook. Se isto lle parece excesivo, a extensión Facebook Container illa a súa identidade nunha lapela contedor separada, dificultado que Facebook o siga mentres navega pola web.

Instale e conteña

Instalar a extensión é moi fácil e, unha vez activada, abrirá Facebook nunha lapela azul cada vez que o use. Así poderá seguir navegando e gozando de Facebook con normalidade. Isto non impedirá que Facebook poida enviarlle anuncios e recomendacións no seu sitio, pero dificultará que poida recoller información fora de Facebook e enviarlle anuncios e mensaxes.

Sobre Firefox e Mozilla

Estamos apoiados por Mozilla, a organización sen ánimo de lucro que asegura que o poder de Internet permaneza nas mans de todos. Creamos esta extensión porque cremos que vostede debe ter ferramentas fáciles de usar para controlar a súa privacidade e seguranza.

Navegue con total liberdade co Firefox.

O seu sistema non cumpre cos requisitos para instalar Firefox, pero pode probar unha destas versións:

O seu sistema non cumpre os requisitos necesarios para executar Firefox.

O seu sistema non cumpre os requisitos necesarios para executar Firefox.

Para instalar Firefox, siga estas instrucións.

Privacidade de Firefox