Descargar o Firefox

Firefox is no longer supported on Windows 8.1 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Firefox is no longer supported on macOS 10.14 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Política de privacidade do Firefox

O bloqueador de publicidade: unha arma secreta contra os anuncios molestos.

Tantos anuncios, tan pouca paciencia… É o momento de deter esta tolemia.

Unha persoa ve, de media, uns 4000 anuncios por día. Se pensas que é moito, o bloqueador de publicidade será o teu novo mellor amigo.

Un bloqueador de publicidade é un programa que pode usarse para bloquear anuncios e que funciona de dúas formas. A primeira consiste en bloquear o sinal do servidor dun anunciante, polo que o anuncio nunca aparece na túa páxina. A outra consiste en bloquear seccións dun sitio web que poderían ser anuncios.

Estes anuncios poden ser vídeos barullentos, anuncios que te seguen cando navegas pola Internet, rastrexadores, testemuños de terceiros… Para utilizar un bloqueador de publicidade, podes procurar por complementos para bloqueo de anuncios que estean dispoñíbeis para o navegador. O Firefox, por exemplo, ten esta lista de complementos aprobados para o bloqueo de publicidade. Preme nesta lista (ou en bloqueadores de publicidade que estean aprobados para o navegador) e comproba cal se adapta ás túas necesidades.

Encontra o bloqueador de publicidade perfecto para ti

Hai un AdBlocker Ultimate que te libra de todos os anuncios, mais coidado! É fácil que os teus xornais e revistas favoritos dependan da publicidade. Bloquear anuncios de forma masiva pode levalos á creba.

Os anuncios emerxentes son os peores. Bloquéaos con Popup Blocker e así non terás que lidar de novo con eles.

Un dos bloqueadores de publicidade máis populares para o Chrome, o Safari e o Firefox é o AdBlock. Podes usalo para bloquear anuncios en Facebook, YouTube e Hulu.

Crea unha zona libre de rastrexadores co bloqueo de contidos

No Firefox, podes utilizar a Privacidade ou a configuración de Bloqueo de contidos para obter aínda máis control sobre os rastrexadores con fins publicitarios que usan os anuncios.

Escolle o teu nivel de protección

To start, click the shield to the left of the address bar on any webpage and select “Protection Settings.” This will open the Firefox Settings Privacy & Security panel in a new tab. You should see a blue pop-up with different selections.

Vai amodo co modo estándar

Se os anuncios non te molestan e non che importa ser seguido por rastrexadores e testemuños de terceiros, a configuración estándar debería servirche. Para eliminar os rastrexadores do ronsel que deixas no modo estándar, utiliza a xanela de navegación privada

Sé duro co modo estrito

Se ver moitos anuncios estraga o teu dia, o modo estrito será o máis adecuado. Este modo bloqueará rastrexadores e testemuños de terceiros coñecidos en todas as xanelas do Firefox.

Acomódao ao teu gusto no modo personalizado

A configuración personalizada ofréceche a opción definitiva. Podes decidir o que estás a bloquear, incluído os rastrexadores, os testemuños e moito máis. Se permites testemuños dunha páxina web, entrarás automaticamente no modo personalizado.

Disimula o teu ronsel, bloquea rastrexadores

Preme na caixa dos rastrexadores e poderás bloquealos de dúas formas. A primeira é facelo cando estás a traballar nunha xanela privada. Outra forma de facelo é bloquear os rastrexadores en todas as xanelas. Lembra que, se optares por bloquear sempre os rastrexadores, pode que algunhas páxinas non carguen correctamente.

Non deixes que pasen o testemuño

Os testemuños son enviados polos sitios que visitas. Permanecen no computador e rastrexan o que fixeches nun sitio. Cando unha compañía aérea aumenta os seus prezos após estares a ollar voos un día calquera é por culpa dos testemuños.

No Firefox, podes bloquear todos os testemuños de terceiros ou soamente os definidos polos rastrexadores. Pensa que o bloqueo de todos os testemuños pode levar algúns sitios á creba.

Envía un sinal de non rastrexo

Se non quixeres que o teu comportamento en liña sexa usado para os anuncios, podes enviar unha indicación educada «hoxe non quero, outro día xa veremos» ao marcares a opciónNon rastrexar do Firefox. A participación é voluntaria, mais os sitios que respectan esta indicación deixan de te rastrexar inmediatamente.

Aumenta a velocidade grazas aos bloqueadores de publicidade

Nalgúns casos, un bloqueador de publicidade pode axudar o teu navegador a ir máis rápido. Cando se carga un anuncio, pode diminuír a velocidade dun sitio web. Alén diso, tardas máis en encontrar o que buscas se estás demasiado ocupado en pechar outro anuncio.

If you want to learn more about ad blocking, there are hundreds of ad blocker extensions available for Firefox and other browsers. If you want to try out the ad blockers Firefox uses, click here to download a browser that puts privacy first.