O Mozilla Manifesto

Estes son os principios que guían a nosa misión para promover a apertura, a innovación e a oportunidade na Internet.

Nosos 10 principios

1 A Internet é parte integral da vida moderna – sendo un compoñente chave para a educación, comunicación, colaboración, negocios, entretemento e para a sociedade como un todo;

2 A Internet é un recurso público global que debe permanecer aberto e accesíbel;

Máis información

Non ten que expoñer argumentos para a apertura. Ten que expoñer argumentos contra a apertura.

Johnathan Nightingale, vicepresidente de Firefox

3 A Internet debe enriquecer a vida dos seres humanos como individuos.

4 A seguranza e a privacidade dos individuos na Internet son fundamentais e non se deben tratar como opcionais.

5 Os individuos deben ter a posibilidade de moldear a Internet e a súa propia experiencia nela.

6 A efectividade da Internet como un recurso público depende da interoperabilidade (protocolos, formato de datos e contido), a innovación e a participación descentralizada mundialmente.

7 O software libre e aberto promoven o desenvolvemento da Internet como un ben público.

8 Os procesos transparentes e baseados en comunidades promoven a participación, a responsabilidade e a confianza.

9 A participación comercial no desenvolvemento da Internet trae moitos beneficios; é fundamental estabelecer un equilibrio entre o beneficio comercial e o público.

10 Ampliar o beneficio público promovido pola Internet é un importante obxectivo ao cal vale dedicar tempo, atención e compromiso.

Cóntello aos seus amigos

Obteña máis información…