Precisamos do teu talento para facer de Internet un lugar mellor

Mozilla é unha organización sen fins lucrativos que traballa para garantir unha Internet aberta e acolledora para todos que precisa da túa axuda. Ao uníreste á nosa comunidade, poderás axudar a impulsarmos a innovación, mellorarmos a rendición de contas e a confianza, e facer de Internet un mellor lugar para todos.

Como colaborar:

A nosa misión

A nosa misión é garantir que a Internet siga sendo un recurso público, aberto e accesíbel para todos. Unha Internet onde as persoas poidan xogar un papel protagonista, onde cada un de nós poida sentirse creador da súa propia experiencia en liña, sempre en control, seguro e independente.