Sincroniza o teu Firefox en calquera dispositivo

Accede e sincroniza os teus marcadores, contrasinais, lapelas abertas e moito máis; esteas onde estiveres usando o Firefox

Rexistrarse

    Privacidade simplificada

    Todo o que precisas para o Firefox Sync é unha Conta Firefox

    Cifra os teus datos

    A túa chave de cifraxe seguirá sendo un segredo, só coñecida por ti e nos teus dispositivos autorizados.

    Síntete seguro

    Almacenamos nos nosos servidores os teus datos cifrados para que non os podamos ler

Comeza a sincronizar en catro sinxelos pasos:

  1. Abre o menú na parte superior dereita do Firefox e selecciona «Iniciar sesión en Sync».
  2. Preme en «Comezar» na lapela emerxente.
  3. Insire un enderezo de correo electrónico e un contrasinal para «Crear unha Conta Firefox.»
  4. Faga clic en “Seguinte” para recibir unha verificación por correo electrónico.

Tras revisares o correo electrónico e premeres na ligazón de verificación, o Firefox comezará a se sincronizar automaticamente en segundo plano.

Máis información para xestionar a túa Conta Firefox