Firefox: máis protección e menos preocupación.

A nosa obsesión é protexer a túa privacidade e por iso fixemos que a navegación privada do Firefox sexa máis poderosa ca ningunha outra.

Navega sen deixares pegada

Compartir é vivir, pero ti tes a última palabra. A navegación privada do Firefox borra automaticamente a túa información en liña do computador, como os contrasinais, testemuños e historial, e ao pechar non queda ningunha pegada.

Caza os rastrexadores ocultos

Algúns sitios web e anuncios engaden rastrexadores ocultos que recompilan a túa información de navegación incluso despois de saír. Tan só a navegación privada do Firefox ten protección contra o rastrexo para bloquealos automaticamente.

Esquécete dos rastrexadores

Os rastrexadores non só recompilan información, senón que tamén poden diminuír a velocidade de navegación. Só a navegación privada do Firefox bloquea os anuncios que teñen rastrexadores ocultos para que poidas despreocuparte e navegar con liberdade.