Instala o Navegador Firefox para Chromebook

Xa que tes un Chromebook, é o momento de instalar o Navegador Firefox, unha ferramenta independente e automaticamente privativa que protexe os teus datos persoais.

Por que instalar o Firefox para Chromebook?

Aínda que o Chromebook xa teña o Chrome instalado, descargar e usar o Firefox como navegador predeterminado ofrece certas vantaxes:

  • Protección contra o rastrexo sempre activa: por norma, o Firefox executa a protección mellorada contra o rastrexo para protexer os teus datos persoais de rastrexadores coñecidos que te seguen pola web, xa foren publicitarios, de redes sociais ou scripts de criptominaría.
  • Apoia a tecnoloxía independente: Xa que a maioría dos principais navegadores teñen agora o Chromium como predeterminado, existen menos opcións que non alimenten os Cinco Grandes. O Firefox está respaldado por unha organización sen fins lucrativos e dedícase a arranxar a Internet. Usar o Firefox tornarate parte de todo isto.

É difícil instalar o Firefox para Chromebook?

Oxalá fose todo máis sinxelo, mais o teu Chromebook prefire manterte no ecosistema do Google Play. No entanto, coidamos que paga a pena instalar o navegador Firefox no teu Chromebook. Temos recursos para che axudar se os precisares. Hai dúas formas de obter o Firefox no teu dispositivo.

Instalar o Firefox desde a Google Play Store: nas versións máis recentes do Chrome OS (Chromebook de x86 con Chrome OS 80 en diante), tes a opción de instalar a aplicación Firefox para Android. Esta aplicación foi desenvolvida para dispositivos móbiles.

Obteno na Google Play

Instalar o Firefox como unha aplicación Linux: aínda que seguir este camiño esixe máis pasos, paga a pena. Ao instalares o navegador Firefox como unha aplicación Linux, obtés a versión de escritorio do navegador Firefox, con todas as vantaxes asociadas, incluíndo a protección mellorada contra o rastrexo, un xerador de contrasinais incorporado, acceso a millares de extensións (incluíndo o bloqueador de anuncios UBlock Origin) e temas para personalizares a aparencia do teu navegador. Infórmate sobre como instalar a versión de escritorio do navegador Firefox para Chromebook.