Estamos construíndo unha Internet mellor

A nosa misión é garantir que Internet siga sendo un recurso público, aberto e accesíbel para todos. Unha Internet onde as persoas poidan xogar un papel protagonista, onde cada un de nos poida sentirse creador da súa propia experiencia en liña, sempre en control, seguro e independente.

Mozilla é unha comunidade global de tecnólogos, pensadores e programadores que traballa para manter a Internet viva e accesíbel, para que todos sexamos colaboradores informados e creadores da web. Cremos que este acto de colaboración a través dunha plataforma aberta é esencial para o crecemento de cada un de nos e para o futuro da comunidade.

Lea o Manifesto de Mozilla para descubrir os valores e principios que guían a persecución da nosa misión.

Ve o vídeo para obter máis información sobre quen somos, de onde vimos e como estamos a construír unha web mellor para ti.
  • Involúcrese

    Oportunidades de voluntariado en diferentes áreas

  • Historia

    Un percorrido detallado a través da historia e a evolución de Mozilla

  • Foros

    Os temas inclúen axuda, produtos e tecnoloxías.

  • Administración

    A nosa estrutura, a organización e toda a comunidade Mozilla