O Firefox protexe a túa privacidade en todos os produtos

Navegador Firefox

Máis de 2000 rastrexadores bloqueados automaticamente

O rastrexo converteuse nunha epidemia en liña: as empresas seguen todos os movementos, premas e compras e recollen datos para predicir e influenciar o que vas facer a seguir. Coidamos que é unha invasión grave da túa privacidade. É por isto que os navegadores Firefox para dispositivos móbiles e para computadores teñen reforzada, por defecto, a protección contra o rastrexo.

Se queres ver o que o Firefox está a bloquear para ti, podes visitar esta páxina no navegador de escritorio Firefox.

Mira o que bloqueou Firefox

Obtén a Protección mellorada contra o rastrexo

Actualiza o teu navegador Firefox

  • Invisíbel para os rastrexadores máis importantes

    Descubre catro das categorías de rastrexadores máis comúns (aínda que non te vaian encontrar).

  • Sempre terás o control

    Queres personalizar o que se bloquea? A túa configuración está soamente a unha prema de distancia.

  • Protección alén do rastrexo

    Se tes unha Conta Firefox, tamén podes ver como che axudamos a protexer a túa información e contrasinais persoais.

Firefox Monitor

Cando introduces o teu enderezo electrónico no Firefox Monitor, esquecémolo inmediatamente após verificarmos se existe algunha coincidencia en violacións de datos coñecidas, a menos que nos autorices a continuar a monitorizar e buscar novas violacións da túa información persoal.

Verifica se houbo violacións

Pocket

O Pocket recomenda artigos de alta calidade seleccionados por persoas, sen recoller o teu historial de navegación ou compartir a túa información persoal cos anunciantes.

Obtén Pocket

A túa conta Conta Firefox

Toda a información sincronizada a través da túa Conta Firefox, desde o historial do navegador a contrasinais, está cifrada. E o contrasinal da conta é a única chave.

Leva a túa privacidade e os teus marcadores a calquera lugar mediante unha Conta Firefox.

Escribe o teu correo para acceder ás Contas Firefox.

Ao continuar, acepta os termos do servizo e a política de privacidade.

Le a política de privacidade dos nosos produtos