Descargar o Firefox

Firefox is no longer supported on Windows 8.1 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Firefox is no longer supported on macOS 10.14 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Política de privacidade do Firefox

Privacidade, velocidade e seguridade.

Como escoller o navegador que mellor se adapte a ti.

A Internet tornouse en algo tan esencial como a electricidade e a auga corrente, polo que escolleres o mellor navegador para ti é máis importante que nunca. A Internet é un segundo despacho, un profesor e ás veces un asesor médico (aínda que o teu doutor prefira que non andes a buscar os teus síntomas na rede).


A mediados dos noventa, Netscape, Internet Explorer e AOL (America Online) dominaban o panorama; eran tempos máis sinxelos nos que a doce melodía da Internet de acceso telefónico soaba polo mundo adiante. Un aprendía o que era a paciencia mentres esperaba a que se carguen as páxinas web. Daquela, o único que importaba era a velocidade do navegador.

Hoxe é outro conto: a publicidade, os piratas da privacidade, as violacións de seguridade e as novas falsas poden facer que andes á procura de outras características nun navegador. Como protexe o navegador a miña privacidade? Permite que os rastrexadores me sigan pola rede? Está programado exercer varias tarefas e xestionar moitas operacións computacionais e navegacionais á vez?

Se te andas a preguntar que significa ter un navegador privado ou rápido, velaquí tes unha análise detallada das tres cousas que debería ter un navegador:

Un navegador veloz de natureza.

Un navegador segue sendo unha ferramenta, polo que ten sentido que queiras escoller o mellor. Se es unha persoa que precisa do traballo para sobrevivir, has de necesitar un navegador rápido. Algo que considerar é que un navegador que executa rastrexadores de terceiros probabelmente será máis lento do que outro que non fai tal. Os rastrexadores de terceiros son testemuños e, aínda que non os poidas ver, estanse executando en segundo plano e consumindo un tempo valiosísimo. Cantos máis rastrexadores de terceiros bloquee un navegador, máis rápido poderá executarse.

Esta é unha das moitas razóns polas que escoller o navegador Firefox: Firefox bloquea automaticamente os rastrexadores de terceiros. Con todo, temos outros motivos que trataremos máis adiante.

Un navegador que prioriza a seguridade.

Lémbraste da última violación masiva de datos? A que non? Iso pode ser porque ocorre con moitísima frecuencia: as empresas aférranse aos datos dos clientes, como a súa información persoal ou financeira, e os piratas informáticos a rouban. Se xa comezaches a priorizar a seguridade, un navegador web seguro será a mellor opción para ti.

Haber hai xeitos nos que un navegador pode axudar aos seus usuarios a continuar protexidos. Un navegador actualizado coas últimas tecnoloxías de seguridade pode axudarche a protexer o teu computador e os teus sitios web fronte a visitantes non desexados, como programas maliciosos ou virus informáticos.

A segunda é non almacenar demasiados datos do usuario. Os piratas informáticos non poden roubar o que non hai, razón pola cal Firefox retén unha cantidade de información mínima sobre os seus usuarios. Firefox sabe se usas o navegador e a túa localización xeral, pero non o nome da túa mascota da infancia ou a túa cor favorita.

Por último, aínda que non por iso menos importante: un navegador seguro debería ofrecer ferramentas para che axudar a controlar as túas contas. Pensa nas alertas que van directamente ao teu correo electrónico se violan algunha das túas contas, ou nas iconas que che indican se un sitio web está cifrado (é dicir, se é unha boa idea introducir o número da túa tarxeta crédito nun sitio de compras).

Firefox is offering something new to keep you safe: Mozilla Monitor. It’s a free service that will alert you if there are any public hacks on your accounts and let you know if your accounts got hacked in the past. Another neat feature is the Green Lock. It looks like a small green icon at the top left side of the browser window. If you’re on Firefox and see the green lock, it means the website is encrypted and secure. If the lock is grey, you might want to think twice about entering any sensitive information.

Un navegador que non vai metendo os fociños por aí.

A privacidade na web é un problema candente, e se é o número un da túa lista de prioridades, convenche buscar un navegador que te tome en serio. Á hora de escolleres o mellor navegador privado, consulta a política de seguimento e a maneira na cal o navegador trata os teus datos. Poden parecer preguntas técnicas, pero son a razón pola cal algúns navegadores son máis privados ca outros.

Os rastrexadores son todas esas mensaxes de testemuños tan molestas que recibes nos sitios das compañías aéreas. Estes rastrexadores de terceiros saben onde premes e pódense usar para analizar o teu comportamento. Un navegador privado debería dar aos usuarios a opción de desactivar os rastrexadores de terceiros, pero o ideal sería telos desactivados por defecto.

Outra forma de impedíreslle a labor aos rastrexadores é usar o modo privado no momento de navegar. Calquera navegador que afirme ser privado debería ofrecer navegación neste modo.

Un xeito doado de comprobalo é visitarmos a páxina de configuración de contido e a política de privacidade do navegador. A páxina web da privacidade debería especificar se os teus datos son compartidos e por que. Por iso é que o aviso de privacidade do Firefox é doado de ler e encontrar.

Escoller o mellor navegador que se adapte a ti é moi semellante a escoller unha casa: queres explorar as túas opcións, investigar e tomar unha decisión en función do que é importante para ti.

En Firefox, traballamos duro para crear un navegador que sexa o dobre de rápido que antes e que permita ter aos usuarios máis control sobre a súa vida na rede.

Asume o control do teu navegador.