Descargar o Firefox

Firefox is no longer supported on Windows 8.1 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Firefox is no longer supported on macOS 10.14 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Política de privacidade do Firefox

Os produtos Firefox foron deseñados para protexer a túa privacidade

Deberías poder decidir quen ve a túa información persoal. Non só entre os teus amigos, senón con todos os anunciantes e empresas da Internet. Nós incluídos.

É por iso que todo o que facemos honra o noso Compromiso cos datos persoais

Recollemos menos datos

Para nós é importante saber o menos posíbel sobre ti

Todas as empresas de tecnoloxía recollen datos para mellorar os seus produtos. No entanto, non cómpre incluír tanta información persoal. Os únicos datos que procuramos son os que, ao final, che son de utilidade. Por iso nos preguntamos: necesitámolos realmente? Para que os precisamos? Cando poderemos borralos?

Mantemos os datos a salvo

Empeñámonos en protexer a túa información persoal

A seguridade dos datos é complicada, ou polo menos debería ser. É por iso que asumimos medidas adicionais para clasificarmos os datos que temos, mantemos regras sobre como almacenamos e protexemos cada tipo de datos e nunca deixamos de reiterar os nosos procesos. Priorizamos a túa privacidade. Investimos nela. Estamos comprometidos con ela. Mesmo ensinamos a facer o mesmo a outras empresas.

Sen segredos

Connosco, sempre saberás onde estás

Aquí non hai intencións ocultas. A nosa empresa non depende de abusar secretamente da túa confianza. A nosa Política de privacidade é realmente lexíbel. Calquera persoa do mundo pode asistir ás nosas reunións semanais de empresa. Se quixeres explorar todos os datos que recollemos, o noso código está aberto. E tamén nós o estamos.

  • Por que confiar no Firefox?

    Para nós a xente é o primeiro. De feito, estamos apoiados por unha fundación sen fins lucrativos. Desde o primeiro día, a nosa misión foi protexer a Internet e a todos os que participamos.

    Descubre máis sobre a nosa misión

  • A túa privacidade, en cada un dos nosos produtos

    Os produtos Firefox funcionan de forma diferente porque están deseñados para priorizar e protexer a túa privacidade.

    Descubre os nosos produtos

Le a política de privacidade dos nosos produtos