Mozilla

mozilla

O Mozilla Manifesto

Introdución

A Internet está tornándose unha parte cada vez máis importante das nosas vidas.

O proxecto Mozilla tradúcese nunha comunidade global de persoas que cren que a abertura da rede, innovación e oportunidade son elementos chave para a continuidade dunha Internet saudábel. Nós traballamos conxuntamente desde 1998 para asegurar que a Internet sexa desenvolvida de forma a beneficiar a todos. Somos mellor coñecidos por crear o navegador Mozilla Firefox.

O proxecto Mozilla baséase nunha perspectiva que ten na comunidade a fonte de creación de software de código aberto e de desenvolvemento de novas formas de actividades colaborativas. Creamos comunidades de persoas envolvidas en facer a experiencia de uso da Internet mellor para todos nós.

Como resultado destes esforzos, destilamos unha serie de principios que cremos que son críticos para que a Internet continúe a beneficiar tanto o ben público e común, como os aspectos comerciais da vida. Estes principios están listados a seguir.

Os obxectivos do Manifesto son:

  1. Articular unha visión sobre a Internet que reflicta o que os participantes de Mozilla desexan que a Fundación Mozilla siga;
  2. Falar coas persoas independentemente da profundidade do seu coñecemento técnico;
  3. Facer con que os colaboradores de Mozilla se sintan orgullosos do que estamos a facer e nos motiven a continuar; e
  4. Fornecer un armazón para que outras persoas propaguen esta visión sobre a Internet.

Estes principios non se tornarán realidade por si propios. As persoas son necesarias para facer con que a Internet se manteña aberta e participativa – persoas actuando como individuos, traballando en grupos e liderando outras persoas. A Fundación Mozilla ten un compromiso co adianto dos principios estabelecidos neste Manifesto Mozilla. Convidamos a todos para nos acompañar na tarefa de tornar a Internet un lugar cada vez mellor para todo o mundo.

Principios

  1. A Internet é parte integral da vida moderna – sendo un compoñente chave para a educación, comunicación, colaboración, negocios, entretemento e para a sociedade como un todo;
  2. A Internet é un recurso público global que debe permanecer aberto e accesíbel;
  3. A Internet debe enriquecer a vida dos seres humanos como individuos.
  4. A seguranza e a privacidade dos individuos na Internet son fundamentais e non se deben tratar como opcionais.
  5. Os individuos deben ter a posibilidade de moldear a Internet e a súa propia experiencia na rede.
  6. A efectividade da Internet como un recurso público depende da interoperabilidade (protocolos, formato de datos e contido), innovación e participación descentralizada mundialmente.
  7. O software libre e aberto promoven o desenvolvemento da Internet como un ben público.
  8. Os procesos transparentes e baseados en comunidades promoven a participación, a responsabilidade e a confianza.
  9. A participación comercial no desenvolvemento da Internet trae moitos beneficios; é fundamental estabelecer un equilibrio entre o beneficio comercial e o público.
  10. Ampliar o beneficio público promovido pola Internet é un importante obxectivo ao cal vale dedicar tempo, atención e compromiso.

Aplicando o Manifesto Mozilla

Existen diversas formas de aplicar os principios do Manifesto Mozilla. Consideramos benvida unha ampla gama de actividades e prevemos o mesmo tipo de creatividade que os participantes de Mozilla presentaron noutras áreas do proxecto. Para individuos non profundamente envolvidos co proxecto Mozilla, unha forma básica e moi efectiva de apoiar o Manifesto é usar Mozilla Firefox e outros produtos que incorporan os principios do Manifesto.

Compromiso da Fundación Mozilla

A Fundación Mozilla comprométese a manter e empregar o Manifesto Mozilla nas súas actividades. Especificamente, comprometémonos a:

  • construír e permitir o desenvolvemento de tecnoloxías abertas e comunidades que apoian os principios do Manifesto;
  • construír e distribuír aos consumidores bos produtos que apoien os principios do Manifesto;
  • utilizar os bens xerados por Mozilla (propiedade intelectual como, por exemplo, dereitos de autor e marcas; infraestrutura, recursos financeiros e reputación) para manter a Internet como unha plataforma libre;
  • promover modelo que creen valor económico para o beneficio público, e
  • promover os principios do Manifesto Mozilla no noso discurso público e coa industria da Internet.

Algunhas actividades da Fundación – actualmente vinculadas á creación, distribución e promoción de produtos ao consumidor – son conducidas, primordialmente, por medio da Corporación Mozilla, subsidiaria controlada pola Fundación Mozilla.

Convite

A Fundación Mozilla convida a todos os que concordan e admiten os principios do Manifesto Mozilla a xuntárense a nós e encontrar novas formas para tornar esta visión sobre a Internet unha realidade.