Descargar o Firefox

Firefox is no longer supported on Windows 8.1 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Firefox is no longer supported on macOS 10.14 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Política de privacidade do Firefox

Ponlle límites a Facebook; non ten por que coñecer o resto da túa vida.

Obter a extensión Facebook Container

Descarga o Firefox e obtén a extensión Facebook Container

Actualmente, a extensión Facebook Container só está dispoñible para a versión de escritorio do Firefox.

Obtén a versión de escritorio do Firefox en www.mozilla.org/firefox/new/.

Obter o Firefox para Android e iOS.

Ti estabeleces as regras

O Facebook pode rastrexar case toda a túa actividade na Internet e vencellala á túa identidade nesta rede social. Se isto che parece demasiado, a extensión Facebook Container illa a túa identidade nunha lapela de contedor diferente, complicándolle ao Facebook o teu rastrexo polo resto da rede.

Instálaa e faite co control

Instalar a extensión é moi doado e, unha vez activada, o Facebook abrirase nunha lapela azul cada vez que o uses. Así poderás seguir navegando e gozando do Facebook con normalidade. Se ben che poderá seguir mandando publicidade e recomendacións no seu sitio web, seralle moito máis complicado usar a túa actividade recompilada fóra do Facebook para enviarche anuncios e mensaxes personalizadas.

Sobre o Firefox e Mozilla

Estamos apoiados por Mozilla, a fundación sen fins lucrativos que se centra nas persoas, non nos beneficios, para darlles máis poder na rede. Creamos esta extensión porque cremos que deberías ter á túa disposición ferramentas fáciles de usar para controlar a túa privacidade e seguridade.

Navega libremente co Firefox.