Bo para a web.
Bo para o mundo.

Mozilla non é unha compañía de software tradicional. Somos unha comunidade global dedicada a construír produtos e tecnoloxía de código aberto e gratuíto que teñen por obxectivo mellorar a experiencia na Internet de calquera persoa do mundo. Somos programadores, comerciais, técnicos de control de calidade e avogados de todo o mundo que traballamos para asegurar a permanencia da Internet como recurso público, compartido e aberto. Cremos que os estándares abertos facilitan a escolla e a innovación e que calquera persoa en calquera lugar ten direito a gozar na Internet dunha experiencia segura, rápida e óptima.

Os nosos produtos e tecnoloxías de código aberto, gañadores de premios, ofrécense gratuitamente en máis de 40 idiomas.

Mozilla ten a súa sede en Mountain View, California e oficinas rexionais en Auckland, Beijing, Copenague, París, Toquio e Toronto.