Obtén o Firefox para a túa empresa

Obtén Firefox Extended Support Release ou Rapid Release para gozares dunha seguridade e protección de datos completa.

Protección de datos inigualábel, coa frecuencia de actualizacións que máis che conveña.

    Os teus datos son asunto teu

    O Firefox é un navegador de código aberto e proporciona unha protección mellorada contra o rastrexo. Todo forma parte do noso compromiso a longo prazo coa protección de datos.

    Implántao cando e como queiras

    Con paquetes de instalación e unha ampla expansión de políticas e características de grupo, a implantación é máis rápida e flexíbel ca nunca, e moi fácil en contornos Windows e macOS.

    Elixe a frecuencia de actualizacións

    Obtén Rapid Release para te asegurares de conseguir as últimas características o máis rápido posíbel ou o ESR para garantires unha experiencia completamente estábel.