-
Sen sorpresas
Usamos e compartimos a información de forma transparente e en beneficio do usuario.
-
Control por parte do usuario
Desenvolvemos produtos e promocionamos as mellores prácticas para que os usuarios poidan ter o control dos seus datos e da súa experiencia en liña.
-
Recollida de datos limitada
Só recollemos o que necesitamos, tentando, cando é posible, facer anónimos os datos recollidos e borrándoos cando xa non son necesarios.
-
Parámetros razoables
Deseñamos para lograr un coidado equilibrio entre a seguranza e a experiencia do usuario.
-
Defensa a conciencia
Mantemos controis e prácticas de seguranza a distintos niveis, a maioría deles poden comprobarse publicamente.
Principios sobre privacidade de datos
Os seguintes cinco principios proveñen do Mozilla Manifesto e explican como nos:
- desenvolvemos os nosos produtos e servizos
- xestionamos os datos dos usuarios que recollemos
- seleccionamos e interactuamos cos nosos socios
- definimos a nosa labor de activismo e políticas públicas