Máis doado iniciarse

Asistente de creación de contas

Antes de usar esta funcionalidade, debía coñecer a configuración do seu IMAP, SMTP e SSL/LTS. Agora só necesita proporcionar o seu nome, enderezo de correo e contrasinal e o asistente de configuración da súa conta de correo comprobará a nosa base de datos e atopará a configuración de correo por vostede.

Axenda de enderezos nun só clic

A Axenda de enderezos nun só clic é un modo rápido e doado de engadir persoas á súa axenda. Engada xente simplemente premendo na icona de estrela que ten na mensaxe que recibe. Dous clics e pode engadir máis detalles como unha foto, o aniversario ou outra información de contacto.

Recordatorio de anexos

O recordatorio de anexos busca na mensaxe palabras como anexo (e outras similares como os tipos de ficheiros) e recórdalle que debe anexar un documento antes de enviala.

Lapelas e buscar

Lapelas

Se lle gusta a navegación por lapelas coma a de Firefox, gustaralle o correo con lapelas. O correo con lapelas permítelle cargar distintos correo en lapelas separadas de modo que poida saltar rapidamente entre elas. Quizais está respondendo a un correo e necesita facer alusión a un correo anterior. O correo con lapelas permítelle manter varios correos abertos para que lle sexa doado referencialos.

Ao facer dobre clic ou premer a tecla Intro nun correo xa non se abrirá esa mensaxe nunha nova lapela da xanela. Ao premer co botón dereito sobre mensaxes ou cartafoles abriraos nunha lapela en segundo plano.

Cando saia de Thunderbird, as lapelas en visualización gardaranse, e restauraranse a vez seguinte en que volva abrir o Thunderbird. Tamén hai un Menú de lapela na Barra de de lapelas para axudarlle a alternar entre elas.

Barra de filtro rápido

A Barra de de filtro rápido permítelle filtrar o seu correo máis rápido. Comece escribindo con palabras na caixa de busca de Filtro rápido e os resultados amósanse instantaneamente. Ou ben pode filtrar o seu correo por novas mensaxes, etiquetas e persoas na súa Axenda de enderezos. Tamén pode "Pinchar" ou gardar un filtro e usalo en múltiples cartafoles.

Buscar

A interface de busca en Thunderbird contén ferramentas de filtrado e liña temporal para precisar o correo exacto que está a buscar. Thunderbird tamén indexa todos os seus correos para axudarlle máis rapidamente. Os resultados das buscas amósanse nunha lapela de modo que poida alternar indo e volvendo entre eses resultados e outros correos.

Arquivo de mensaxes

Se pensa que vai necesitar unha mensaxe máis adiante pero o quere fora da súa caixa de entrada sen eliminalo, ¡arquíveo! O arquivado axúdao a manexar a súa caixa de entrada e coloca a súa mensaxe no sistema de cartafoles de arquivado.

Seleccionado o botón Arquivar ou premendo a tecla "A" arquivará as súas mensaxes.

Xestor de actividade

O xestor de actividade rexistra nun só lugar todas as interaccións entre o Thunderbird e o seu fornecedor de correo. Xa non fará máis traballo intuíndo. Só terá que mirar nun lugar para ver o que está sucedendo co seu correo.

Personalice o seu correo

Aparencia do Thunderbird

Coas Personas, esas "peles" lixeiras permítenlle cambiar a aparencia de Thunderbird nun instante. Centos de peles están dispoñíbeis coas últimas películas, famosas referencias históricas e tatoos xaponeses. Tamén pode escoller entre varios Temas que visten de modo diferente todas as iconas do Thunderbird.

Cartafoles intelixentes

Os cartafoles intelixente axúdano a xestionar múltiplas contas de correo combinando cartafoles especiais como a Caixa de entrada, Enviados ou Cartafol de arquivo. En lugar de ir á Caixa de entrada de cada conta de correo, pode ver todas as súas mensaxes entrantes nun único cartafol de entrada

Xestor de complementos

Atopar e instalar complementos directamente no Thunderbird. Xa non necesitará visitar o sitio de complementos - no seu lugar simplemente abra o Xestor de complementos. Non está seguro de cales complementos lle conveñen? Puntuación, recomendacións, descricións e imaxes dos complementos en acción axudarano a facer a súa elección.

Asegure e protexa o seu correo

Privacidade robusta

Thunderbird asegúralle a súa privacidade e fornece protección contra imaxes remotas. Para asegurar a privacidade dos usuarios, Thunderbird bloquea automaticamente as imaxes remotas nos envíos de correo.

Protección contra suplantación

Thunderbird protéxeo contra correos fraudulentos que tentan enganar aos usuarios para que entreguen información persoal e confidencial indicándolle cando unha mensaxe é un potencial intento de suplantación. Como unha segunda liña de defensa, Thunderbird avísalle cando preme nunha ligazón que parece estar levando a un sitio diferente do que indica o URL na mensaxe.

Actualizacións automáticas

Thunderbird’s update system checks to see if you’re running the latest version, and notifies you when a security update is available. These security updates are small (usually 200KB - 700KB), giving you only what you need and making the security update quick to download and install. The automated update system provides updates for Thunderbird on Windows, OS X, and Linux in over 40 different languages.

Desprendéndose do lixo

As famosas ferramentas contra o lixo que ten Thunderbird actualizáronse para manterse na vangarda contra o correo lixo. Cada correo que recibe pasa a través dos máis modernos filtros de lixo. Cada vez que marque un correo como lixo, Thunderbird «aprende» e mellora o seu filtrado de modo que teña máis tempo para ler o seu correo que para estes asuntos. Thunderbird tamén pode usar os filtros de correo do seu fornecedor para deixar fóra da súa caixa de entrada o lixo.

Código aberto

No corazón do Thunderbird hai un proceso de desenvolvemento de código aberto conducido por milleiros de apaixonados e experimentados programadores e expertos en seguranza espallados por todo o mundo. A nosa comunidade aberta e activa de expertos axuda a garantir que os nosos produtos son máis seguros e máis rapidamente actualizados, mentres que á vez, nos permite aproveitar ferramentas de terceiros para escaneo e de avaliación que reforzan aínda máis a seguranza global.