Navegador Firefox

Obtén o navegador que protexe o que é importante

Non hai políticas de privacidade sospeitosas nin portas traseiras para os anunciantes. Só un navegador que vai a fume de carozo e que non vende os teus datos.

Fai o que queiras na rede.
O Navegador Firefox non te vixía.

Comparación do Firefox con outros navegadores

Consigue a máxima velocidade e todas as ferramentas sen ningunha invasión na privacidade. O Navegador Firefox recompila tan poucos datos que incluso non precisamos do enderezo de correo electrónico para facer a descarga. Isto débese a que, a diferenza doutros navegadores, nós non temos ningún interese no teu recorrido pola rede.

Comparación con outros navegadores

Comparar o Firefox con:
Firefox Chrome Microsoft Edge Safari
Bloqueo dos testemuños de rastrexo de terceiros por defecto Si Non Si Si
Bloqueo de reprodución automática Si Si Non Si
Bloqueo de rastrexadores de redes sociais Si Non Si Si
Dispoñibilidade para sistemas operativos Si Si Non Non
Ferramenta de captura de pantalla no navegador Si Si Si Non
Contrasinal principal Si Non Si Non

Nós bloqueamos a publicidade que te rastrexa e ti navegas máis rápido.

A publicidade molesta e impide que as páxinas carguen rápido. Ademais, os rastrexadores vixían cada movemento que fas na Internet. O Navegador Firefox bloquea automaticamente a maioría de rastrexadores, sen ter que indagar na configuración de seguridade.

O Firefox é para todos

Dispoñíbel en máis de 90 idiomas e compatíbel con equipos Windows, Mac e Linux, o Firefox funcionará sen ter en conta o que usas ou onde esteas. Asegúrate de que o sistema operativo está actualizado para conseguires a mellor experiencia.

Consultar os requisitos do sistema

Instala o Firefox en todos os dispositivos

Nunca te esquezas da privacidade. Os Navegadores Firefox para iOS e Android teñen a mesma configuración de privacidade para impedir que os rastrexadores te sigan pola Internet, dá igual onde esteas.

Faino todo co Firefox

Busca de forma máis intelixente e máis rápida

  • Buscas dende a barra de enderezos
  • Opcións de motores de busca
  • Suxestións de busca intelixentes
  • Marcadores, historial e lapelas abertas nos resultados

Aumenta a produtividade

  • Funciona cos produtos de Google
  • Ferramenta de captura de pantalla integrada
  • Xestor de marcadores
  • Suxestión automática de URL
  • Sincronización entre dispositivos
  • Modo lectura
  • Verificación ortográfica
  • Lapelas fixadas

Transmite, comparte e xoga

  • Bloquea a reprodución automática de vídeo e de audio
  • Imaxe en imaxe
  • Contido seleccionado nunha lapela nova
  • Compartir ligazóns

Protexe a privacidade

Protexe a información persoal

  • Alertas de violacións de datos en sitios web
  • Xestor de contrasinais integrado
  • Borrar historial
  • Cobre automaticamente os formularios
  • Actualizacións automáticas

Personaliza o navegador

  • Temas
  • Modo escuro
  • Biblioteca de extensións
  • Axustar a configuración da barra de busca
  • Cambiar o deseño das novas lapelas

Personalice o Firefox

  • Extensións para todos os intereses

    Seguridade, novas ou xogos, hai extensións para todos. Engade todas as que queiras até conseguires o navegador que mellor se che adapte.

  • Cambia a aparencia

    Pasa do modo claro ao modo escuro dependendo do estado de ánimo ou das preferencias. Quizais prefiras animarte cun tema personalizado con, por exemplo, unicornios de cores.

  • Axusta a configuración

    Non tes por que conformarte. Cambia a páxina das novas lapelas, a barra de busca, os marcadores e moito máis para explorar Internet da forma que queiras.

Apoiado pola fundación sen fins lucrativos que se centra nas persoas

Desafiando o statu quo dende 1998

Mozilla creou o Firefox como unha alternativa máis rápida e privada a outros navegadores como o Internet Explorer e, agora, o Chrome. Na actualidade, a comunidade de voluntarios e empresas que busca cumprir a nosa misión continúa a priorizar a privacidade por enriba de calquera outra cousa.

A privacidade é o primeiro

A pesar de que Internet segue medrando e cambiando, o Firefox continúa a centrarse no dereito á privacidade. Nós chamámoslle Compromiso cos datos persoais: recoller menos datos, mantelos a salvo e sen segredos. O Firefox é o único que protexe os datos, a actividade e a vida en liña.

Continúa a usar as características dos teus navegadores favoritos e descubre outras novas.

Funciona cos produtos de Google

Todas as túas ferramentas favoritas de Google (como Gmail e Docs) funcionan sen ningún problema no Navegador Firefox.

Facebook Container

Descarga esta extensión do navegador para impedir que o Facebook (e o Instagram) te rastrexen mentres navegas.

Sincroniza os dispositivos

O Firefox está dispoñíbel para todos os dispositivos, de xeito que sempre poderás levar contigo as lapelas, o historial e os marcadores. O único que precisas é unha conta Firefox.

Capturas de pantalla

Tira unha imaxe de alta resolución de calquera cousa que atopes en Internet coa ferramenta de captura de pantalla integrada no navegador.

Protección mellorada contra o rastrexo

O Firefox impide automaticamente que moitos rastrexadores de terceiros recompilen e vendan a túa actividade na rede.

Imaxe en imaxe

Dende ver un titorial até botarlle un ollada a un partido, o vídeo continúa mentres fas varias tarefas á vez.

Algunha dúbida? Resólveas coa asistencia de Mozilla.