Firefox para o móbil.

Sempre máis rápido.

A velocidade que precisa coa privacidade que quere en todos os seus dispositivos.

Dispoñíbel para iOS e Android.

Firefox

Completo. Personalizable. Rápido como a luz. Navegue sen compromiso.

Firefox

Firefox Focus

Bloqueo automático de publicidade e protección contra o seguimento nun navegador privado e fácil de usar.

Firefox Focus

Firefox

A versión completa de Firefox, con opcións de personalización e funcións de privacidade, está dispoñíbel para móbiles e tabletas.

Firefox para o móbil

Descargar agora

Sync

iOS e Android

Instale Firefox en todos os seus dispositivos para unha navegación sen interrupcións.

Sync
  1. Un acceso sinxelo aos seus marcadores favoritos, os contrasinais gardados, o historial de navegación e moito máis.
  2. Send Tabs permítelle compartir as lapelas abertas no móbil e o escritorio.

Privacidade

iOS e Android

Controle o que comparte en liña co modo de navegación privada máis potente con protección contra o seguimento integrada.

Privacidade
  1. Bloquee os anuncios que o seguen a través de Internet.
  2. Non lembrará o seu historial de navegación nin gardará as cookies ao rematar.

Protección contra o seguimento integrada e listas de bloqueo fornecidas por Disconnect.

Extensións e personalización

Só para Android

Adapte e personalice Firefox ao seu estilo de navegación coa súa modularidade.

Extensións e personalización
  1. Extensións Escolla entre centros de ferramentas para bloquear anuncios, descargar vídeo, xestionar contrasinais e moito máis.
  2. Temas Adapte o Firefox ao seu estado de ánimo. Escolla un novo aspecto entre os nosos temas ou cree un propio.

Firefox Focus

Bloquea os anuncios con elementos de seguimento. De forma automática. Ademais pode acelerar a carga da páxina. Obteña un navegador privado que respecte a súa privacidade.

Privacidade automática

iOS e Android

Navegue sen preocupacións. As funcións de privacidade sempre están activadas e borrase o historial de navegación despois de cada sesión.

Sync
  1. Bloquea automaticamente os anuncios que agachan elementos de seguimento que recopilan a súa información.
  2. Cun só clic borre as súas cookies e o historial de navegación.

Protección contra o seguimento integrada e listas de bloqueo fornecidas por Disconnect.

Velocidade

iOS e Android

Aumente a súa produtividade. Ao bloquear algúns anuncios e scripts, a protección contra o seguimento pode acelerar a súa navegación.

Velocidade
  1. Menos elementos poden significar unha carga máis rápida das páxinas.

Ao seu lado

iOS e Android

Focus protexe a súa privacidade ao máis alto nivel, de balde, sempre activo e sempre da súa parte. É un produto de Mozilla creado pensando en vostede, non para usar a súa información.

Lixeiro