Firefox

Navegación atenta á localización

Firefox pode indicarlles aos sitios web onde está vostede localizado, para que poida atopar información que é máis relevante e máis usábel. Serve para facer a rede máis intelixente – e faino de modo totalmente respectuoso coa súa privacidade. Próbea!

Preguntas habituais (FAQ)

Que é a navegación atenta?

Os sitios web que usan navegación atenta preguntaranlle onde está co fin de darlle información máis relevante, ou aforrarlle tempo cando busca. Permítelle dicir que está a buscar unha pizzaría na súa área. Un sitio web será quen de preguntarlle para compartir a súa localización de modo que buscando por “pizza” obterá as respostas que necesita... non se precisará maior información nin se lle requirirá teclear máis.

Ou, se vostede está consultando mapas de direccións para ir a algún lugar, o sitio web saberá onde dende onde comezou así que o único que deberá dicirlle é a onde quere ir.

Este servizo é totalmente opcional – Firefox non comparte a súa localización sen o seu permiso – e faise co máis alto respecto á súa privacidade. E, como todo elemento de Firefox, créase usando estándares abertos para que sexa doadamente adaptábel para os desenvolvedores de web.

Como funciona?

Cando visita un sitio con localización-atenta, Firefox preguntaralle se quere compartir a súa localización.

Se vostede consente, Firefox reúne información dos puntos de acceso sen fíos da contorna e o enderezo IP. Logo, Firefox envía esta información ao fornecedor do servizo de xeolocalización, os servizos de localización de Google, para estimar a súa localización. Esa localización estimada compártese entón co sitio consultado.

Se vostede di que non consente, Firefox non fará nada.

Como de afinadas son as localizacións?

A afinación varía grandemente dunha localización a outra. Nalgúns sitios, os nosos fornecedores de servizo pode ser quen de establecer a súa localización con marxe duns poucos metros. No entanto, noutras áreas pode ser moito máis ca iso. Todas as localizacións ofrecidas polos nosos fornecedores de servizo son só estimacións e nós non garantimos a corrección desas localizacións estimadas. Por favor non use esta información para emerxencias. Use sempre o sentido común.

Que información está a ser enviada, e para quen? Como se protexe a miña privacidade?

A súa privacidade é extremadamente importante para nós, e Firefox nunca comparte a súa localización sen o seu permiso. Cando visite unha páxina que require información de vostede, preguntaráselle verbo de calquera información que se comparta co sitio consultado e o noso fornecedor do servizo.

De modo predeterminado, Firefox usa os servizos de localización de Google para determinar a súa localización co fin de enviar:

  • O seu enderezo de protocolo de Internet (IP),
  • información sobre os puntos de acceso á rede sen fíos máis próximos, e
  • un identificador de cliente aleatorio, que é asignado por Google, e que caduca cada 2 semanas.

Para unha descrición completa da información recollida e usada por Firefox, véxase a política de privacidade de Firefox (en inglés).

Os servizos de localización de Google devolven a localización estimada para vostede (e.g., latitude e lonxitude). Para unha descrición completa da información recollida e usada por Google, véxase a política de privacidade de xeolocalización de Google (en inglés).

A información intercámbiase mediante unha conexión cifrada para protexer a súa privacidade. Logo de que Firefox ten a súa información de localización, pásaselle ao sitio web que a solicitou. De ningunha maneira consiste no nome ou localización do sitio que vostede estea a visitar, nin son ningún tipo de cookies, nunca compartidas cos servizos de localización de Google.

Tampouco nin Mozilla nin Google usarán nunca esta información recollida polos servizos de localización de Google para identificalo ou espialo.

Para información sobre o que o sitio web fai coa información sobre a súa localización, diríxase á política de privacidade do sitio web.

Para maior información sobre a súa privacidade tamén debería ler:

Estarei sendo seguido cando navego polo web?

Non. Firefox só consulta unha localización cando un sitio web fai unha consulta, e só comparte a súa localización cando o usuario aprobou a consulta. Firefox non segue nin lembra a súa localización cando vostede navega.

Como lle retiro o permiso dado a un sitio?

No caso de terlle dado permiso a Firefox para cederlle sempre a súa localización a un sitio, mais cambia logo de idea, pode revogar doadamente ese permiso. Aquí está agora:

  • Navegar ata o sitio ao que lle deu permiso
  • Ir ao menú Ferramentas, seleccionar Información da páxina
  • Seleccionar a lapela Permisos
  • Cambiar a configuración de Compartir localización

Como cerro a Navegación atenta a localización de modo permanente?

A Navegación atenta á localización está sempre dispoñíbel en Firefox. Nunca se envía información sen o seu permiso. Se quere desactivar esta funcionalidade completamente, siga o seguinte conxunto de pasos:

  • Na barra de URL, escriba about:config
  • Escriba geo.enabled
  • Faga dobre clic sobre as preferencias geo.enabled
  • A Navegación atenta á localización está agora desactivada

Como podo incorporar a xeolocalización ao meu sitio web?

Pode integrar a xeolocalización no seu servizo seguindo as instrucións que se describen en Mozilla Developer Center.