Firefox é agora máis rápido e lixeiro

Fixemos o Firefox máis rápido para axudalo a traballar mellor.

O seu sistema non cumpre cos requisitos para instalar Firefox, pero pode probar unha destas versións:

O seu sistema non cumpre os requisitos necesarios para executar Firefox.

O seu sistema non cumpre os requisitos necesarios para executar Firefox.

Para instalar Firefox, siga estas instrucións.

Privacidade de Firefox

Usa menos memoria

A ninguén lle gusta un monstro informático que devora todos os recursos do sistema. Firefox é un navegador lixeiro e de alto rendemento. Debido a que usa menos RAM que Chrome, outros programas poden continuar executándose a toda velocidade.

Obteña todas as lapelas sen demora

Agora é máis fácil realizar múltiples tarefas con múltiples lapelas. Firefox é agora un navegador multiproceso, o que significa que as lapelas activas non tardan moito en recargarse. Cun 86% menos de tempo de espera, pode pasar rapidamente dunha lapela á seguinte, incluso se abre outras.

Pasa ao seguinte nivel

Lideramos a tecnoloxía que permite executar xogos 3D a velocidade case nativa, e agora, Firefox permite un mellor rendemento no xogo en liña. O noso potente navegador reduce as sacudidas, mellora os tempos de resposta e optimiza a forma de xogar cunha navegación máis rápida e lixeira.