Aínda que o Internet Explorer de Microsoft continúa a vir preinstalado na maioría dos computadores Windows, é obvio que Microsoft prefire a día de hoxe que uses o Edge e, por isto, está estabelecido como predeterminado de fábrica.
Microsoft abandonou a súa marca Internet Explorer hai varios anos, a favor do seu navegador Edge actualizado para Windows 10. No entanto, a lenta adopción do Edge creou espazo para que o Internet Explorer seguise vivo, principalmente por razóns de compatibilidade empresarial.
Velaquí compararemos o noso Navegador Firefox co Internet Explorer en termos de seguridade, utilidade e portabilidade. Axudarémosche a comprender as diferenzas entre como un navegador moderno como Firefox que se axusta aos estándares web se compara cun navegador que se usa con fins comerciais ou porque os vellos costumes son difíciles de quitar.

Seguridade e privacidade
Seguridade e privacidade | ![]() |
|
---|---|---|
Modo de navegación privada | ||
Bloqueo dos testemuños de rastrexo de terceiros por defecto | ||
Bloqueo dos códigos de criptominaría | ||
Bloqueo de rastrexadores de redes sociais |
Se non deixaches de utilizar o Internet Explorer, o factor de risco de seguridade debería ser abondo para te convencer. O propio responsábel de seguridade da propia Microsoft alertou a millóns de persoas que seguen a usar o Internet Explorer como navegador web principal que se están a pór en risco.
Microsoft xa non está a asegurar o desenvolvemento de novas funcionalidades para o Internet Explorer, o que significa que as preocupacións coa seguridade son enormes. Microsoft recoñece abertamente o feito de existiren vulnerabilidades en basicamente todas as versións do Internet Explorer.
Entón cal é a solución se a túa empresa está a executar aplicacións antigas que funcionan só no Internet Explorer? O mellor consello que podemos dar é que non mestures a empresa co pracer. O certo é que recomendamos o uso da extensión de Asistencia de navegadores antigos para Windows. Esta extensión permítelles aos usuarios abrir de forma automática un conxunto predefinido de enderezos no Internet Explorer e retornar ao Firefox mentres navegaren a un dominio diferente.
Utilidade
Utilidade | ![]() |
|
---|---|---|
Bloqueo de reprodución automática | ||
Navegación por lapelas | ||
Xestor de marcadores | ||
Cobre automaticamente os formularios | ||
Opcións de motores de busca | ||
Conversión de texto a voz | ||
Modo lectura | ||
Verificación ortográfica | ||
Extensións web/Complementos | ||
Ferramenta de captura de pantalla no navegador |
De forma preocupante, en 2019, entre o 4 e o 5 % de todo o tráfico da Internet de computadores proveu do Internet Explorer. Pode non parecer moito, mais, de feito, significa que millóns de persoas están a ter unha experiencia pobre na Internet con tempos de carga e renderización lentos, páxinas que non se presentan de forma correcta e, por suposto, os problemas de seguridade xa expostos.
Realmente os únicos que poden ter motivos para usar o Internet Explorer son os programadores para probar como son os seus sitios nun navegador máis antigo ou se unha empresa ten aplicacións críticas para os negocios que só funcionan co navegador Internet Explorer.
No extremo oposto, o Firefox é un dos navegadores actualizados con máis frecuencia e vén con moitos recursos útiles e interesantes, como o Pocket, que suxire contido interesante cando abres unha nova lapela. A nosa barra de pesquisa e de enderezo da Internet unificada ou, como a denominamos, a Quantum Bar, tamén fornece suxestións con base nos teus favoritos e etiquetas existentes, historial, separadores abertos e pesquisas populares. Cunha conta Firefox gratuíta tamén tes acceso a todas as túas configuracións e aos e outros produtos de Firefox en calquera dispositivo só con iniciares sesión. Ademais do acougo de saber que o teu navegador é proactivo e que traballa para protexer os teus datos persoais.
Portabilidade
Portabilidade | ![]() |
|
---|---|---|
Dispoñibilidade para sistemas operativos | ||
Dispoñibilidade para sistemas operativos móbiles | ||
Sincronización con móbiles | ||
Xestor de contrasinais | ||
Contrasinal principal |
Como Microsoft decidiu descontinuar o Internet Explorer, non soporta ningunha versión para iOS e nunca estivo dispoñíbel para Android. O que significa que, a menos que esteas a utilizar un computador Windows persoal, non terás acceso aos teus marcadores, historial de navegación, contrasinais gardados e outras informacións que os navegadores modernos sincronizan nos diferentes dispositivos que uses.
O Firefox funciona en calquera plataforma: en Windows, en macOS, en Linux, en Android e en iOS. O que tamén significa que podes sincronizar toda a túa información en diferentes plataformas. Polo tanto, se estás a navegar nun portátil baseado en Windows, poderás retomalo onde o deixaches co teu dispositivo iPhone ou Android. Esta comodidade debería vir de forma predeterminada en calquera navegador moderno da Internet, mais no Internet Explorer non é así.
Avaliación global
Non hai moito tempo o Internet Explorer era o navegador máis popular e utilizado do mundo. Os tempos e a tecnoloxía mudaron, mais o Internet Explorer, infelizmente, non avanzou moito. A propia Microsoft pide aos seus usuarios que deixen de usar o Internet Explorer e comecen a empregar o seu novo navegador baseado en Chromium: o Edge.
Pensamos que debes optar por un navegador confiábel, con privacidade e que teña unha traxectoria para ofrecer unha experiencia óptima en todos os dispositivos. Nunha comparación fronte a fronte, nin sequera hai, en realidade, competición: o Firefox é o vencedor en todas as categorías analizadas. Se estiveses un día a iniciar na casa da túa avoa o Internet Explorer, quizais lle quixeres facer un gran favor á túa avoíña e descargarlle o Firefox.
Estas comparacións fixéronse coa configuración predeterminada e coas versións de lanzamento dos navegadores, como se indica a continuación:
Firefox (81) |
Internet Explorer (11)
Esta páxina actualízase cada mes e medio para recoller as últimas versións, pero pode que non sempre recolla as últimas actualizacións.