Descargar o Firefox

Firefox is no longer supported on Windows 8.1 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Firefox is no longer supported on macOS 10.14 and below.

Please download Firefox ESR (Extended Support Release) to use Firefox.

Política de privacidade do Firefox

Precisamos do teu talento para facer de Internet un lugar mellor

Mozilla é unha organización sen fins lucrativos que traballa para garantir unha Internet aberta e acolledora para todos que precisa da túa axuda. Ao uníreste á nosa comunidade, poderás axudar a impulsarmos a innovación, mellorarmos a rendición de contas e a confianza, e facer de Internet un mellor lugar para todos.

Como colaborar:

A nosa misión

A nosa misión é garantir que a Internet siga sendo un recurso público, aberto e accesíbel para todos. Unha Internet onde as persoas poidan xogar un papel protagonista, onde cada un de nós poida sentirse creador da súa propia experiencia en liña, sempre en control, seguro e independente.

Feito por xente dedicada coma ti

Cando colaboras con Mozilla, estás a formar parte dunha comunidade mundial de persoas que cren que todos temos o papel de garantir que a Internet siga sendo unha forza para facer o ben.

Cremos que a colaboración comunitaria é vital para crear unha Internet diversa, innovadora e responsábel para quen máis o precise. Xa teñas experiencia en tecnoloxía, en organización de comunidades ou unicamente un computador e algo de tempo libre, podes axudarnos a facer da Internet un lugar mellor.

Obter axuda

Mozilla conta cun dedicado equipo de voluntarios que te axudarán a resolver os problemas que poidas ter.

Dáche problemas unha páxina web?

Se a túa experiencia nun sitio web difire entre navegadores, é posíbel que te teñas topado cun problema de compatibilidade web. ¡Cóntanos máis sobre o asunto!